Salceda de Caselas acollerá o vindeiro sábado, 19 de maio, a decimoprimeira edición da andaina “Concello de Salceda”, incluída na Copa Galega de Andainas. A proba, organizada polo Centro Cultural O Coto de Budiño, en colaboración co Concello de Salceda, ofrece duas alternativas de participación, podendo elexir 25 ou 50 km.
Como feito distintivo, esta actividade permite coñecer o patrimonio natural non soamente de Salceda, senón que tamén pasará por diversos puntos de O Porriño, Ponteareas e Salvaterra de Miño. Trátase, segundo apuntan dende a organización, "dunha das andainas coas mellores críticas polo seu interese natural e de elección de percorrido".
As previsións, en base aos anos anteriores, son de que se completen as 250 prazas ofertadas para participar nesta proba, que arrancará dende o centro cultural ás 9:00, na parroquia de San Estevo de Budiño, e percorrerá diversos puntos do entorno natural do municipio así como dos Concellos limítrofes, destacando as sendas e as áreas de lecer.
Nas palabras de Carla Pérez, Concelleira de Medioambiente e Deportes, “esta proba serve cada ano para que Salceda amose as súas sendas e os seus tesouros naturais, contribuíndo á posta en valor do noso entorno”.
Para poder participar na andaina, é preciso inscribirse antes do martes 15 de maio a través desta ligazón, abonando un prezo de 10 € para as/os socias/os e/ou federadas/os e 12 para as/os non socias/os e/ou non federadas/os. O prezo inclúe os diferentes avituallamentos que se disporán ao longo do percorrido, así como o xantar final no centro cultural.