Atmósfera Sport, volve unha das probas referentes do running en Ponteareas

Publicidad

A asociación Atmósfera Sport Ponteareas, en colaboración coa concellería de Deportes, organiza o domingo día 13 de maio a cuarta edición da carreira popular na que poderán participar todas as persoas, federadas ou non, que así o desexen inscribíndose previamente antes do 8 de maio na plataforma de Championchipnorte ou presencialmente nas instalacións de Atmósfera Sport en Ponteareas.

A proba está aberta a todos e todas as atletas que teñan cumpridos os 16 anos de idade no momento da proba. A hora prevista para a saída será ás 10:30 horas para os máis pequenos e pequenas e ás 11:30 horas para a carreira absoluta cun remate estimado sobre ás 13:00 horas.

O percorrido, que será totalmente urbano, e variado segundo as categorías dos participantes. Os "runners" que compitan na carreira absoluta teñen a opción de facer 5 ou 10 quilómetros mestres que os circuitos da mocidade van dende os 100 ós 1.500 metros.

O concelleiro de Deportes de Ponteareas, Benito Márquez, agradeceu á organización o seu traballo constante por levar a cabo un ano más esta carreira, que "xa é un referente na nosa vila" e animou a toda a veciñanza a participar neste evento.

Salir de la versión móvil