Baiona busca voluntarios para o seu vertiatlón solidario

Publicidad

O Concello de Baiona busca voluntarios para participar na organización do III Vertiatlón Solidario que se vai celebrar o vindeiro 16 de setembro co obxectivo de colaborar coa escola adaptada a persoas con diversidade funcional do Monte Real Club de Yates.

En total, precísanse 16 voluntarios ou voluntarias para desenvolver as tarefas loxísticas da competición. Os que queiran prestar o seu apoio na atención aos deportistas, o control de puntos de paso, os avituallamientos ou a atención sanitaria poden inscribirse no pavillón de deportes chamando ao 986 356 558. O seu esforzo premiarase cunha camiseta e a participación na festa final do evento.

Inclusión a través do deporte

A terceira edición do Vertiatlón Solidario de Baiona celebrarase o próximo 16 de setembro. O importe que se recade coas inscricións destinarase integramente á Escola de Vela Adaptada do Monte Real, que ten como principal obxectivo achegar ao mar a persoas con calquera tipo de discapacidade, para que poidan navegar en igualdade de condicións, en instalacións sen barreiras e a bordo de barcos adaptados.

Na última edición do Vertiatlón Solidario participaron máis de 200 persoas chegadas de diferentes puntos de Galicia que permitiron recadar, coas súas cotas de inscrición, preto de 5.400 euros. Os gañadores foron Jacobo Crego, do Olímpico de Vedra, na categoría absoluta masculina; e a súa compañeira de club, Aida García, na categoría feminina.

Salir de la versión móvil