O Club Bolos Camos, en colaboración co Concello de Nigrán, organiza durante esta fin de semana o Torneo Nacional de Bolos Celta coa presencia de corenta equipos de toda Galicia, Asturias e Madrid. O campionato, que se desenvolverá no xogo de bolos de Barreiros arranca hoxe sábado das 10:00 horas ata a medianoite e seguirá o domingo de 09:30 a 14:00 horas. En total, participarán no Torneo Nacional de Bolos Celta en Camos máis de 120 xogadores que compiten en tripletas e divididos nas categorías inferiores e xuvenil, cadete, senior, veteranos e feminino.
O torneo comezará cunha fase clasificatoria que rematará sobre as 17:00 horas para dar paso a unha segunda fase de grupos que concluirá a noite do sábado. Xa o domingo se disputan os cuartos, semifinais, loita polo terceiro e cuarto posto e a final, que será para o mellos de catro partidas gañadas.
Os bolos celta son un deporte ancestral que se retrotae a Idade de Pedra e do que hai testemuña en todo o mundo, polo que a teoría de que provén dos celtas está actualmente descartada. No Val Miñor practícase especialmente, levando os propios emigrantes este xogo popular a países como Uruguay e Arxentina, cos que actualmente se compite. Nesta comarca celebrouse o verán pasado a sexta competición intercontinental con máis de 300 xogadores destes dous países e doutros puntos como Venezuela, Chile, Portugal y diferentes zoas da Península. Ademáis, Nigrán acolleu o primeiro Mundial desta modalidade deportiva.