A xogadora do Club de Xadrez Laroca de Nigrán, a Mestra Fide Mireya Represa Pérez, vén de lograr o dobre título de campiona de España de Xadrez e de Xadrez Rápido na categoría Cadete (menores de 16 anos) no Campionato de España que tivo lugar en Salobreña (Granada) do 24 o 30 de Xullo do 2017.
Natural de Sabarís, Baiona, Mireya Represa consigue así o seu cuarto Campionato de España individual, ao que ademais debe sumar os 12 campionatos galegos. Unha curta carreira que comezou no 2008 e que non deixa de sumar títulos ao seu palmarés.
Desta vez, e despois de seis días de competición, a xogadora do Club de Xadrez Laroca afrontou o derradeiro día da competición igualada coa Maestra Fide andaluza Ana Redondo, a que acabou separando por escasos puntos de marxe. A súa supremacía na categoría for reafirmada no espectacular campionato de xadrez rápido no que, a falta de una ronda, xa tiña acabado o primeiro posto.
Agora a miñorán prepárase xa para o seu próximo reto, representar a España nos campionatos de Europa que se disputarán en na cidade rumana de Mamaia do 5 ao 14 de setembro.