Cangas festexará o Día da Galicia a oitava edición da Regata Ría de Aldán K4-C4. A proba tratáse dunha regata de primeiro nivel da liga ríos e travesías, unha competición que se vén realizando dende bastantes anos atrás. Actualmente cóntase con 384 participantes, pero agárdase chegar aos 400. A inscrición é gratuita.
A Regata Ría de Aldán K4-C4 comezará sobre as 11:00 horas no peirao da Ría de Aldán e a partir das 14:00 horas levarase a cabo a entrega de premios. As categorías das que consta son catro: cadete, xuvenil, sénior e veterano. Produciranse saídas cada 45 minutos e, unha das novidades desta tempada, consistirá na realización dun porteo xusto onde a chegada, a 500 metros da praia.
O Concello de Cangas invita aos afeccionados ao remo, aos vecinos y a tódolos turistas que están na localidade no verán que se animen a acudir e gozar deste evento espectacular.
Os participantes son xente federada e preparada, posto que pertencen a clubs de toda Galicia, algúns dos máis representativos de toda a comunidade.
Regata Ría de Aldán, unha proba con memoria
Esta VIII Regata Ría de Aldán consta da designación "Memorial Manuel Marcelino" na honra e lembranza do fundador e promotor do Club Mar Ría de Aldán.
A organización da competición conta coa colaboración do Concello de Cangas, Hermanos Gandón (patrocinadores do clube organizador), Deputación de Pontevedra, Fundación Deporte Galego, Galicia Saudable e Abanca.