Ponteareas celebra unha das mellores probas para correr en Galicia este verán. Trátase da Carreira Ribeira do Tea, que recorrerá os 16 quilómetros que separa as localidades de Salvaterra de Miño e Ponteareas. O evento terá lugar o domingo 30 de xullo a partir das 10:00 horas.
A carreira, limitada a 200 participantes, discorre a carón do río Tea o que permite aos corredores gozar dunha incríble paisaxe natural.
Na presentación do evento, o concelleiro de Deportes de Ponteareas, Benito Márquez, e o organizador da carreira, Gabriel Durán, sinalaron que a intención é que a proba "se converta nunha cita obrigada dentro do calendario de eventos deportivos" para correr en Galicia.
Carreira Ribeira do Tea, unha proba para os máis pequenos
Unha das grandes novidades de esta segunda edición é que os máis cativos terán un circuito propio dende a categoría infantil ata a de xuvenil con un percorrido de 2 quilómetros con saída e chegada no Recinto Amurallado. Esta carreira comezará ás 10:30 horas.
Recollida de dorsais
A recollida de dorsais terá lugar o sábado 29 de xullo de 16 h a 17:30 h no Pavillón Álvaro Pino de Ponteareas e o domingo 30 de xullo de 9 h a 9:50 h na Fortaleza de Salvaterra de Miño.