O Club Natación Ponteareas súbese ao podium no I Campionato Galego de Augas Abertas

Publicidad

O Club de Natación Ponteareas acadou magníficos resultados no I Campeonato Galego de Augas Abertas, unha modalidade en auxe grazas ao triatlón e ás numerosas travesías a nado no mar, ríos e lagos que se organizan nos últimos tempos.

O Campionato, celebrado na Coruña, reuníu a grande parte dos mellores nadadores desta modalidade, como broche final ás competición de auga aberta, unha vez que o circuito galego oficial concluíu a pasada fin de semana en Valdeorras.

Os nadadores do Club Natación Ponteareas conseguiron varios podiums e moi bos resultados con presenza nas primeiras posicións:

- Angela Cobelo, 4° na cat. alevín feminina
- Marcos Martínez, 9° na cat. infantil masculino
- Andrea Domínguez, subcampiona galega na cat. infantil feminina
- Denis Incutti, 10° na cat. junior 1 masculino
- Laura Rodríguez campiona galega cat. junior 1 feminino
- Fran Cobelo, subcampión galego  na cat. senior masculino
- Veronica Varela,  6° na cat. Máster +40
- Cristina Calviño,  subcampiona galega na cat. Máster +45

Ademais, o club ponteareán conseguíu a terceira posición feminina na clasificación por Clubes.

Salir de la versión móvil