A Copa Galega de Andainas 25 quilómetros remata o domingo en Tui

Publicidad

Tui será a última sede dunha das probas do Copa Galega de Andainas 25 quilómetros, organizado polo Club Xistra de Vigo, en colaboración coa Federación Galega de Montañismo, o Concello de Tui e a Entidade Menor de Pazos de Reis.

O domingo 22 de outubro, dende o pavillón deportivo da Macoca, sairá esta quinta e última proba que resolverá os campións da Copa Galega de Andainas 25 quilómetros, tras as realizadas en Guláns, Fene, Cedeira e Taragoña (Barbanza).

A recollida das acreditacións empezará ás 08:00 horas, sendo a reunión técnicas ás 08:45 horas e a saída ás 09:00 horas.

O trazado partirá dende o Pavillón da Macoca, subindo ata o Castro do Alto dos Cubos. Baixará cara ós muíños de Tripes e logo ascenderá ata a senda botánica e o Centro de Interpretación do Parque. Pasará pola Pedra do Acordo. A última ascensión será ata a Capela de San Xulián no Monte Aloia, para descender polo Rego de Pedra e retornar ó Pavillón da Macoca.

Salir de la versión móvil