Corre X Salceda, a carreira dun percorrido "fermoso"

Pasada edición de Corre X Salceda

Publicidad

O pasado domingo 6 de maio Salceda de Caselas acolleu a VI edición da carreira popular que cada ano percorre o municipio, organizada pola Concellaría de Deportes en colaboración coas Escolas Deportivas. Un ano máis o evento foi un éxito, contribuíndo á consolidación do mesmo entre as probas destacadas da provincia.

Baixo o nome “Corre X Salceda”, as/os participantes percorreron os espazos naturais de Salceda, así como os diferentes tramos de sendas polos Ríos Caselas e Landres, nun percorrido que foi calificado como “fermoso” ou “interesante” por moitos/as dos/das atletas participantes.

Para a categoría absoluta, con saída ás 10:30, os/as participantes podían elexir entre facer 5 ou 10 km. Os/as nacidos/as entre 2003 e 2005 fixeron un circuito de 2.500 metros, 1.000 metros para os/as nacidos/as entre 2.006 e 2.008, 500 metros para os/as nacidos/as entre 2.009 e 2.011, 150 metros para a categoría “Pitufos A”, que englobou aos nenos e nenas nacidos entre 2.012 e 2.014, e 100 metros para os “Pitufos B”, nacidos en 2.015 e 2.016 . Todas as categorías realizaron a súa saída dende a Praza do Concello. Ademáis, no caso das categorías inferiores, todas elas contaban con un percorrido accesible para persoas con mobilidade reducida.

A proba contou ademáis con unha vertente solidaria, xa que as categorías inferiores tiñan como requisito de participación a aportación de alimentos non perecedeiros para o Programa Municipal de Alimentos, recaudándose máis de 300 kilos que sen dúbida servirán de axuda a moitas familias que non están a pasar o seu mellor momento.

Máis de 50 persoas voluntarias garantiron o correcto desenrolo da proba baixo a dirección da Policía Local, encargándose da loxística, control de cruces, avituallamento, entrega de dorsais, etc. Así mesmo, o Concello contou tamén coa colaboración de diversos clubes da localidade, con Protección Civil e coa Garda Civil.

Resultados da Corre X Salceda

Categoría 10K

Xeral feminina: Yolanda Campos Rivas (00:43:48) Marga Villaverde Rosales (00:46:07) Uxía Fernández García (00:46:19)
Xeral masculina: Akka Eaasadaoui (00:33:40) Manuel José Basteiro Bessada (00:34:24) José Alberto Bastos Dasilva (00:35:03)
Xuvenil feminina: Andrea Pérez Fernández
Xuvenil masculina: Javier Besada Pérez
Senior feminino: Jahenett Amil Pérez, Lucía Romero Ons, Irene Táboas Carrera
Senior masculino: Ismael Táboas Carrera, Jesús Rodríguez Roa, Alejandro Otero Ramírez
Veterana A feminino: Nuria Pérez Lorenzo, Celia Marques, Beatriz Castiñeira Lores
Veterano A masculino: José Antonio Álvarez Otero, Manuel Prieto de la Iglesia, Marcos Groba Bargiela
Veterana B feminino: María Elena Estévez Freire, Montserrat Silva Fernández, Verónica Pampillón Seijo
Veterano B masculino: Ernesto Plaza Sixto, José Luis Mujeriego Gómez, José Ramón Alonso Fernández
Veterano C masculino: Manuel Suárez Martínez, Guillermo José Vicente Álvarez, Federico Amando García Costas
Veterana D masculino: Manuel Míllara Blanco

Categoría 5 K

Xeral feminina: Belén Freijeiro Fernández, María Teresa Sordo García, Ana Álvarez Martínez
Xeral masculina: Juan Carlos Sande Presa, Antón Amoedo Giménez, Manuel Ulla Rega

Categorías de menores

A feminino: María Baqueiro Leyenda Ainhoa Bernárdez Rodríguez Lucía Ramírez Fernández
A masculino: César Carballo Otero Pablo Almeida Seoane Samuel Lemos López
B feminino: Andrea Lorenzo Urgal Enma Fernández Cendón Laura Ramírez Fernández
B masculino: Martín Martínez Corbera Hugo Ferreira Rodríguez Pablo González Rey
C feminino: Noa Martínez Fernández Elisa Núñez Martínez Mara González Carrera
C masculino: Mateo García Troncoso Xabier Bautista Estévez Roque Álvarez Sierra

Salir de la versión móvil