"Galiza, un Pobo, unha selección" en Vigo, a exposición que reivindica o deporte galego

Publicidad

A plataforma Vía Galega reivindica o dereito de Galicia a competir a nivel oficial e internacional en todas as disciplinas deportivas coa exposición "Galiza, un Pobo, unha selección". Trátase dunha exposición impulsada por Vía Galega en colaboración coa Deputación de Pontevedra que xa se pode visitar no Centro Veciñal e Cultural de Valadares en Vigo ate o 30 de novembro de 10:00 a 22:00 horas.

A iniciativa "Galiza, un Pobo, unha selección" é unha mostra de 20 paneis explicativos dividos en 17 bloques temáticos a favor das seleccións nacionais galegas que tratan a traxectoria do deporte galego. Á exposición pasará por 35 localidades e susténtase tamén nun manifesto, na publicación dunha revista, un xornal nun vídeo-documental, unha canción reivindicativa e diferentes palestras.

A mostra pertence a unha campaña organizada por Vía Galega que te como obxetivo reivindicar as seleccións deportivas galegas, tanto masculinas como femininas, en todos os deportes colectivos como un dereito do Pobo galego. Ademáis, tamén pretenden pór en valor e potenciar os deportes autóctonos, amosar a potencialidade no ámbito deportivo de Galicia e coñecer a historia deportiva e a importancia para a cultura, galeguizar o deporte galego e promover a normalización e impulsar a igualdade de xénero.

A exposición inaugurouse o pasado 18 de novembro en Vigo, acto ao que acudiron Nuno Galán, o coordinador de Vía Galega en Vigo, Anxo Louzao, o portavoz da plataforma e María Ortega, deputada de Lingua da Deputación de Pontevedra. Todos eles destacaron "a necesidade de galeguizar o deporte e de reivindicar a Galiza como pobo con soberanía plena no deportivo", ademáis da "importancia do deporte como acente normalizador da lingua galega".

Salir de la versión móvil