A 15K Atlántico contou este ano no alto do podio con Manuel Lorenzo, na categoría masculina, e a Rocío Rodríguez Oliveira, na feminina, como os gañadores dunha proba na que participaron máis de 500 atletas, o número máximo permitido polos controis sanitarios vixentes. Foron quince quilómetros entre Oia e A Guarda, con paso polo Rosal. A carreira é xa unha tradición con oito edicións xa disputadas. Despois dun período de dúbidas, a súa celebración supón un novo paso para a normalidade deportiva. Ademais, tamén realizou unha marcha na que participaron 100 persoas.
Manuel Lorenzo López foi o que presentouse primeiro na liña de chegada no incomparable marco do paseo do Porto da Guarda, escenario habitual para instalar a meta. O gañador tivo en Iván Docampo González, que ocupou a segunda posición, ao seu principal opoñente. Óscar Bernárdez Carballo foi terceiro y completou o podio. Jordi Carrasco e Juan Outón foron cuarto e quinto, respectivamente. Na categoría feminina foi Rocío Rodríguez Oliveira a que proclamouse campioa. Superou a Uxía Fernández García, que ocupou o segundo lugar na clasificación. Ana Alonso García foi terceira. A continuación entraron Belén Bascoy Cao e Sandra Fernández Yáñez.
Na presente edición participaron máis de 500 deportistas e estableceuse un estrito control sanitario. Programáronse saídas en grupos cada 30 segundos. O mosteiro de Oia foi o lugar, tamén tradicional, onde iniciouse a proba. Os 15 quilómetros habituais cambiaron algo o seu percorrido, pero sen grandes sorpresas. Os atletas pasaron polo Rosal ata chegar á Guarda. Os tres concellos apoiaron a proba co seu apoio, tal como aconteceu en edicións anteriores.
Ademais de estar consolidada como un referente e ao mesmo xa se pode considerar emblemática, tamén serve para promocionar o Camiño Portugués pola Costa, que nos últimos meses adquiriu unha gran importancia co gran número de peregrinos que o utilizan. La 15k Atlántico tamén amosou o seu lado máis solidario. A través do programa Mediolanumaproxima, que axuda a coñecer ás ONGS locais, colaborou con Bicos de Papel, asociación que axuda aos nenos oncolóxicos. Búscase favorecer o seu apoio escolar aos xoves que deben estar ingresados no hospital por esta enfermidade. En cada inscrición realizouse unha doazón dun euro e tamén creouse unha fila cero. Con todo elo e a aportación da Fundación Banco Mediolanum chegouse á cantidade de 10.000 euros.
A Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e Supermercados Froiz tamén colaboraron para que a xornada fora un éxito. O bo tempo acompañou á competición. “Za nos apetecía desfrutar”, dixeron moitos dos participantes. A próxima edición xa está en marcha.