Máis de 55 "rollers" daranse cita en Vigo na final da Liga Galega

Publicidad

Os dous últimos partidos da Liga Galega de Roller Derby disputaranse este sábado ás 16:30 e 18:30 horas no Pavillón Polideportivo de Candeán. A equipa local viguesa Sereas Bravas é a encargada de organizar esta xornada final na que participan máis de 50 “rollers” que estarán na pista formando parte de catro equipos: dende Pontevedra Negra Sombra, dende Ourense Jabatas, dende A Coruña Brigantias e de Vigo Sereas Bravas. As locais enfróntanse ás invictas Brigantias no segundo partido (18:30 h).

Pero ademáis desta nutrida presenza en pista, os partidos tamén contarán coas correspondentes equipas de “Oficials” (árbitros) e numeroso persoal de NSO (Non skate oficials) que se encarga de axudar nas numerosas tarefas que se requiren nun partido de Roller Derby, dende manexar o marcador ata levar cómputo das faltas ou manter o bo estado da pista.

Dende Sereas Bravas lembramos que o acceso a Candeán é de balde e agárdase contar con público que poida descubrir este espectacular deporte e anime á equipa viguesa neste importante encontro.

Que é o Roller Derby?

O Roller Derby é un deporte de contacto, velocidade e estratexia orixinario dos Estados Unidos. Xógase en patíns tipo quad ou tradicionais e ten como obxectivo conseguir que a corredora do equipo (jammer) supere ás bloqueadoras (blockers) do equipo contrario anotando así o máximo posible de puntos. Ambas equipas de cinco persoas xogan simultaneamente en períodos de 2 minutos denominados jams. Os partidos xóganse en dúas partes de 30 minutos e nunha pista plana ovalada.

A Liga Galega de Roller Derby xógase conforme as normas establecidas pola Women´s Flat Track Derby Association (WFTDA) que establece requirimentos claros sobre o equipamento das xogadoras (casco, proteccións, bucal...), sobre as zonas de impacto legal e sobre a identificación da jam mediante unha estrela e da pivot con unha raia nos cascos. Trátase dun deporte de alta intensidade con moito dinamismo e emoción que ten conseguido captar a numerosas xogadoras e seguidoras tanto en Vigo como no resto de Galicia. Seres Bravas adestra dous días á semana no Pavillón do Berbés con sesións abertas para coñecer de xeito directo esta disciplina do patinaxe.

Salir de la versión móvil