Moaña celebra este venres a súa gran festa do deporte

Publicidad

O 23 de febreiro é o gran día do deporte en Moaña. A localidade morracense celebra a súa Gala do Deporte 2018. É a súa festa, unha xornada perfecta para recoñecer os éxitos dos e das deportistas que levaron con moita honra o nome de Moaña polo mundo. Ana Buceta, Iago Aspas, Marina Oliveras ou Delio Fernández son algúns dos finalistas dun evento que comezará, ás 20:00 horas, no IES As Barxas.

O acto que premia aos mellores deportistas de Moaña e está conducido por Abraham Martínez, contará tamén con actuación musicais. Como de costume serán os alumnos da escola de música municipal os encargados de amenizar a gala. Este ano, a tarefa recae sobre Héctor Rodríguez Rodríguez e Sara Ariadna Álvarez, un dúo a flauta e piano.

Unha das novidades da Gala do Deporte 2018 de Moaña é a creación dunha mención especial para os clubs que promoven a igualdade no deporte. "Parécenos importante que nos tempos que corren, nos que a igualdade aínda non é real, valorar que unha entidade avogue por reducir esa brecha entre deporte masculino e feminino, especialmente nos deportes masculinizados ou feminizados", afirmou a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, na presentación do evento. As bases desta categoría premian que nun deporte feminizado houbese equipos masculinos ou deportistas masculinos namentres que nun deporte masculinizado houbeses equipos ou deportistas femininas.

Os criterios de valoración obxectiva desta categoría ten catro puntos como o equilibrio entre as categorías femininas e masculinas dentro da entidade, a presenza feminina no corpo técnica, a presenza feminina na directiva da entidade e que a presidencia do club estea ostentada por unha muller. Neste apartado os finalistas para gañar esta mención especial pola promoción da igualdade no deporte son Defensores do Morrazo (baloncesto), O Pirata (fútbol sala) e a SD Samertolameu (remo).

Os finalistas da Gala do Deporte de Moaña

Distinción
Rosa Ana Santos Ríos (Atletismo)
Sergio Brun (Ciclismo)
Raúl Manuel Martínez Giráldez (Balonmán)
David Villar Durán (Baloncesto)
Ana Buceta (Fútbol)
Jacobo Gayo Ríos (Remo)
Tania Castiñeira Etcheverría / Myriam García Vidal (Taekwondo)
Vicente Verdeal (Tiro á chave)

Mención de Honra
Jesús Corbacho Martínez (SD Samertolameu)

Promoción da igualdade de xénero no deporte:
Defensores do Morrazo
O Pirata Fútbol Sala
SD Samertolameu

Mellor equipo Promesa Masculino
Cadete Bateis SD Samertolameu
Cadete libraría O Pontillón - Defensores do Morrazo
Trío Júnior Técnica (Taekwondo HEBE)

Mellor equipo Promesa Feminino
Balonmán Moaña Cadete Feminino
Cadete O Pirata Fútbol Sala
SD Tirán Júnior Feminino

Mellor equipo Sénior Masculino
Balonmán Moaña Sénior
SD Tirán Sénior
SD Samertolameu Sénior

Mellor equipo Sénior Feminino
Balonmán Moaña Sénior
SD Samertolameu Sénior
Sub-21 Patiño Combate

Mellor equipo Veterano Masculino
Atletismo Samertolameu Veterano
Máster Combate Hebe (Taekwondo HEBE)
SD Samertolamey Veterano

Mellor equipo Veterano Feminino
Atletismo Samertolameu

Mellor deportista Promesa Feminina
Bárbara Di Martino Fermín (Taekwondo HEBE)
Noah Pena Paredes (Taekwondo Patiño)
Tania Castiñeira Etcheverría (Taekwondo HEBE)

Mellor deportista Promesa Masculino
Álvaro Portela Diéguez (Taekwondo HEBE)
Manuel Pazo Romero (Taekwondo HEBE)
Pablo Patiño Pombal (Taekwondo HEBE)

Mellor deportista Sénior Feminina
Noelia Pérez Estévez (Taekwondo HEBE)
Marina Oliveiras Argibay (Club Freestyle Slalom vigo)
Myriam García Vidal (Taekwondo Patiño)

Mellor deportista Sénior Masculino
Delio Fernández Cruz (Delko-Marseille)
Iago Aspas Juncal (Celta de Vigo)
Manuel Santomé Sequeiros (Tenis Moaña)

Mellor deportista Veterana
Lorena González Mira (OCR)
María Ángeles Bernárdez González (Atletismo Samertolameu)
Tatiana Rivas Fervenza (Taekwondo HEBE)

Mellor deportista Veterano
Jacobo Ríos Cortegoso (Taekwondo HEBE)
Jesús Couso Carrera (Taekwondo HEBE)
José Antonio Piñeiro Vidal (OCR)

Mellor Adestrador/a
Daniel Pérez Fandiño (SD Samertolameu)
José Luis Domínguez Maya (Balonmán Moaña)
Noelia Pérez Estévez (Taekwondo HEBE)

Mellor entidade deportiva
Balonmán Moaña
Club Taekwondo HEBE
SD Samertolameu

Salir de la versión móvil