Moaña cita este domingo a centos de runners de todas as idades

Publicidad

A “Operación Bikini” faise correndo. Polo menos en Vigo e a súa área. Este domingo 5 de maio, Moaña acolle unha das clásicas do running na provincia de Pontevedra. A localidade morracense celebra unha nova edición da Carreira Pedestre Concello de Moaña, unha cita organizada polo Club Atletismo Samertolameu co patrocinio da Concellería de Deportes de Moaña, que terá pola mañá e que reunirá a centos e centos de corredoras e corredores de todas as idades.

A carreira popular moañesa chega con varias novidades. Nesta edición, o evento deportivo contará cun circuíto homologado pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA), un trazado composto por 5 quilómetros no que as e os runners teñen a posibilidade de apuntarse na modalidade de 5K (unha volta) ou 10K (dúas voltas).

Outro dato interesante da Carreira Pedestre Concello de Moaña é que a organización anuncia “unha celebración moi especial” do Día das Nai, efeméride que ten lugar este domingo 5 de maio. Ademais, o Concello de Moaña facilita aloxamento gratuíto no albergue municipal de O Beque para a noite deste sábado 4 de maio aos primeiros 40 participantes que o soliciten. O descanso é fundamental para poder afrontar os 5 ou os 10 quilómetros que agardan na mañá do domingo polas rúas de Moaña.

A Carreira Pedestre Concello de Moaña conta, de novo, con categorías para atletas de todas as idades. As categorías inferiores gozarán de inscrición de balde. No caso dos participantes na modalidade popular  (nados en 2003 e anteriores), o prezo da inscrición é de 9 euros tanto para os participantes na modalidade de 5 como na de 10 quilómetros. Os adultos comezarán a súa carreira ás 11:30 horas dende a estrada Xeral fronte ás pistas de atletismo, quedando a liña de meta preto das pistas de atletismo. O trazado é totalmente chan. O tempo máximo de duración da proba popular será de 1 hora e 20 minutos mentres que os atletas que non consigan completar a primeira volta ao circuíto (5K) nun tempo de 40 minutos non poderán continuar na proba.

Como inscribirse?

Os interesados poden formalizar a súa inscrición a través da web Championchipnorte ata ás 23:59 horas deste 1 de maio. Outras opcións para apuntarse pode ser por teléfono (chamando ao número 611 45 54 54) ou por correo electrónico escribindo a clubatletismosamertolameu@gmail.com). No caso das inscricións por email ou teléfono pode facerse o ingreso na conta ES78 2080 5047 7230 4002 4944 (Abanca). Os datos necesarios para apuntarse son o nome e apelidos, o NIF, o sexo, a data completa do nacemento, a localidade, a provincia, o email, o teléfono de contacto e o club de atletismo en caso de telo.

Cando se poden recoller os dorsais?

A retirada de dorsais terá lugar o día da proba, 5 de maio, dende as 9:00 horas nas pistas de atletismo ata 30 minutos antes do inicio da mesma.

Horarios da Carreira Pedestre Concello de Moaña

10:00: Alevín / 1000 m aprox.
10:10: Infantil / 2000 m aprox.
10:20: Cadete / 3000 m aprox.
10:45: Benxamín / 800 m aprox.
10:55: Prebenxamín mulleres / 400 m aprox.
11:00: Prebenxamín homes / 400 m aprox.
11:05: Pitufos mulleres / 100 m aprox.
11:10: Pitufos homes / 100 m aprox.
11:30: Carreira popular (xuvenil, junior, promesa, senior,
veteranos A, B e C) 10 km (2 voltas circuito e entrada meta) e 5km
(1 volta circuito e entrada en meta).
11:35: Entrega de premios para as carreiras infantiles.
12:15: Coa entrada dos primeiros corredores se dará inicio a festa
fin de carreira.
12:45: Entrega de premios (Pistas de Atletismo Concello de
Moaña)

Salir de la versión móvil