Moaña consolídase como referente do taekwondo coa celebración esta fin de semana do Trofeo Vila de Moaña. A competición, que terá lugar o sábado 23 e o domingo 24 de novembro no pavillón de Reibón, contará cun millar de deportistas que participarán en catro diferentes modalidades: combate, técnica, exhibición e freestyle.
A cita, organizaba polo Club Hebe, contara con participantes procedentes de diferentes puntos de Galicia, de España e tamén de dez entidades deportivas de Portugal. O Trofeo Vila de Moaña contará con oito tapices no que se desenvolverá a competición grazas a que o anexo do pavillón habilitarase como espazo de quecemento para os taekwondistas. A competición comezará este sábado 23 de novembro ás 09:00 horas coa modalidade de combate nas categorías Infantil, Precadete, Máster e Absoluto e seguirá na quenda da tarde -15:00 a 21:30 horas- coas combate de Cadete e Júnior. O domingo 24 chegará o momento da modalidade técnica nas categorías Infantil e Adulto -de 09:00 a 13:30 horas- e o freestyle e a exhibición -de 13:30 a 15:30 horas-.
O Trofeo Vila de Moaña convértese nunha das citas máis esperadas non só para os deportistas locais, senón tamén para os taekwondistas procedentes doutros puntos de Galicia ao ter a cualificación RG3, que conta coa puntuación máis importante do ranking galego. No torneo participarán referentes como Tania Castiñeiras ou Pablo Patiño.
A competición deportiva ten un impacto directo e frontal na hostalería local. Así o confirmada a directora técnica do Club Hebe, Noelia Pérez, que aseguraba que grazas á colaboración do Concello de Moaña haberá participantes no albergue do Beque e o convenio coa Deputación de Pontevedra permite encher tanto o hotel Camelia como o de Prado Verde.
O acto de presentación do Trofeo Vila de Moaña tivo lugar o pasado martes no Concello de Moaña. A alcaldesa Leticia Santos destacou o papel de este deporte que forma unha boa base de persoas en valores mentres que o deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez, resaltou o efecto dinamizador desta cita deportiva e calificou o deporte como "a revolución do século XXI".