Moaña ultima os preparativos para a Gala do Deporte

Publicidad

O Concello de Moaña celebrará o vindeiro venres, 23 de febreiro, a súa Gala do Deporte. A cita na que se premiará aos atletas locais terá lugar a partir das 20:00 horas no IES As Barxas.

Como novidade, este ano, os galardóns incluirán a mención especial de “Promoción da igualdade de xénero no deporte”.

Ao igual que no pasado ano, as candidaturas rexeranse polas normas establecidas polo Consello Deportivo Municipal, manténdose o número de propostas a realizar en cada mención en tres e soamente se poderán valorar as candidaturas presentadas en cada categoría. Porén, a persoa premiada por ser a mellor deportista poderá selo tamén por especialidade.

O prazo para presentar as solicitudes finalizará o vindeiro luns, 12 de febreiro. En categoría individual haberá tres opcións (mellor deportista masculino e feminino promesa de até 18 anos, mellor deportista masculino e feminino senior e mellor deportista masculino e feminino veterano/a. A mesma división darase para a categoría de equipos.

Por último, o xurado valorará, no caso das especialidades, o currículo integral da persoa deportista atendendo aos logros da tempada.

Salir de la versión móvil