O brilé, a billarda ou a chave convértense en “deportes olímpicos” en Moaña

Publicidad

Galicia tamén ten os seus Xogos Olímpicos. Máis dun centenar de persoas reúnense esta fin de semana no concello de Moaña para participar na sétima edición desta cita deportiva que combina modalidades tradicionais de atletismo con xogos populares como o brilé, a billarda, o pano ou a chave. Trátase dunha mestura que é unha viaxe á infancia, un cóctel perfecto que garante o goce tanto dos deportistas como do público que se dea cita nas pistas da Xunqueira e a súa contorna.

As Olimpíadas Populares de Galicia desembarcan dende o sábado en Moaña. O evento, que cada ano rota de sede, desembarca no municipio morracense. O evento deportivo, que organizan diferentes colectivos de localidades como Vigo, A Guarda ou Moaña, presentaron o acto o pasado mércores nos xardíns do Concello de Moaña.

Os asistentes durante as xornadas do sábado e do domingo poderán ver como os arredor dos 120 participantes compiten en triatlón por relevos, voleibol, carreiras de 100 metros lisos ou en xogos populares como o pano, a chave, o brilé ou a billarda. Ademais, nas Olimpíadas Populares de Galicia tamén poderemos ver quen se impón na curiosa modalidade de lanzamento de boina.

Salir de la versión móvil