Adrián Millán Figueroa é un mozo tomiñés que dende hai un par de anos compite a nivel galego na modalidade deportiva de tiro con arco sub'14 cos mellores resultados. Neste verán participou na terceira tirada da liga galega 3D de bosque, que se celebrou na comarca coruñesa de Oza-Cesuras o pasado 28 de xullo, proclamándose campión ao obter 291 puntos, 27 máis que o segundo participante.
No que vai de ano, Adrián Millán resultou xa primer clasificado en As Somozas (A Coruña) no Campionato Galego de Sala, primer clasificado en Valadouro (Lugo) no Trofeo Federación Xunta de Galicia ao aire libre, primer clasificado en Silleda na categoría Bosque 3D e primer clasificado en A Devesa (Pontevedra) no Campionato Galego ao Aire Libre.
Dende a Concellería de Deportes do Concello de Tomiño, o concelleiro Ismael Troncoso amosa os seus parabéns ao xoven deportista polos seus logros e polo esforzo e constante afán de superación que lle permiten estar na actualidade entre os primeiros arqueiros galegos da súa categoría.