O Matamá reina no fútbol feminino pontevedrés

Publicidad

O fútbol da provincia de Pontevedra tamén ten a súa raíña. Nun partido con título en xogo non hai inimigo pequeno. Tampouco é relevante a diferenza de categoría. Trátase dunha final e neste tipo de choques a importancia está noutros factores. En 90 minutos todo é posible e o Umia achegouse a ese soño. As Viquingas de Barrantes plantaron cara a un conxunto vigués que buscou o futbol directo e que só se mostrou algo máis cómodo nos primeiros minutos do segundo período.

Antes, no sexto minuto, o Umia estivo a piques de darlle un susto de morte. Un erro da zaga, deses que apenas exigen no xogo defensivo das de David Ferreiro, deixou o balón franco para Albita (Alba Ferré), que ante a saída desesperada de Kily mandaba o balón fóra. É desas oportunidades que non se esquecen, como a de Tania Penedo na semifinal co Sárdoma ante o que agora é o novo campión.

As xogadores que dirixe Moisés Campos perdían un valor seguro na medular. Paula Dapena lesionouse no quecemento. Aguantou canto puido pero tivo que retirarse. E o Umia perdeu raseo e control de balón. O aviso dado polo opoñente alertou ao Matamá, que empezou a buscar a portería a través de Pau cun par de lanzamentos atallados por "House".

Paula Alonso é un activo de enorme valor para Ferreiro. Primero avisou cun lanzamento que foi fóra por pouco tras un bo centro de Sara. Tres minutos despois, a Pau asinaba o un a cero. Recibiía ao bordo da frontal da área, revolvíase e a media volta soltaba un zurdazo seco e colocado, ao que non chegaba a estirada da meta rojilla, o coiro tocaba o pau esquerdo e entraba. O favorito encarrilaba a final. Lonxe de vir abaixo, o Umia sacou o seu espirito guerreiro, o menos que lle levou á final sorprendendo en cuartos ao Arousa, o sempiterno dominador do fútbol feminino na delegación de Pontevedra. Outra acción de Ferré era sacada na liña pola central viguesa, con Kily xa batida.

A segunda metade comezou de fronte para as amarelas. Unha combinación da liña dianteira deixaba a Pau un lanzamento franco para sentenciar. Alto e desviado, Sara Debén probaba fortuna. Paraba a porteira visitante. Sara Porto perdoaba. Facíase raro ver ao Matamá tan misericordioso. En quince minutos, tres ocasións claras entre Pau e Porto.

O seu rival iniciaba un carrusel de cambios buscando frescura e voltear as sensacións do encontro. Antía, á saída dun saque de esquina, tivo o empate na súa cabeza. O croque fóiselle por pouco.

Noelia Pereira, un tanque crave no triunfo, habilita a Lorena, pero o seu remate era salvado por "House" botándose aos seus pés. A emoción pasaba dunha área a outra sen o máis mínimo descanso.

Como non hai dous sen tres, o Umia volveu a coquetear co empate. Yoli, aos poucos segundos da súa entrada no campo, disparaba fóra en inmellorable posición. Ata que apareceu Noelia. Galopada, habilidade, velocidade e forza ante as centrais, das que se ía, e chute á dereita da meta viquinta para poñer o segundo tanto no marcador. Falaban só dez minutos para a conclusión.

Campos esgotaba os cambios e o premio á súa ambición chegou no 43, cunha combinación definida por Marga para recurtar distancias (2-1). O Matamá poido sentenciar na recta final do choque, pero House mantivo con vida ao Umia ata o desenlace dun trofeo que acabou en mans do conxunto vigués.

O Matamá convértese con este resultado no terceiro equipo vigués en conquistar a Copa Deputación tras A Oliveira (2016) e Sárdoma (2017). Na entrega de premios, o Matamá fixo o corredor ao Umia e as xogadoras do equipo do Salnés corresponderon co corredor ás campioas. Lección de clase para poñer o punto e final á temporada do fútbol feminino na provincia de Pontevedra.

Ficha técnica do Matamá - Umia

SCDA Matamá: Kily; Nerea, Pipa Paz, Ani, Graza ( Xiana, min. 61), Sara Porto, Lara,
Natalia, Pau (Lorena, min. 54), Noelia e Sara Debén.

Umia CF: House; San (María, min. 85), Jessica, Domi, Graci, Laura (Alba Barral,
min. 20), Paula, Eva ( Vanesa, min. 78), Vero (Marga, min. 55), Antía ( Yoli, min. 68)
e Alba Ferré.

Goles: 1-0, minuto 32: Pau. 2-0, minuto 79: Noelia Pereira. 2-1, minuto 88: Marga.

Árbitro: Elena Casal, do comité galego, con Sofía Gándara e Paula Balboa nas bandas. Amoestou polo Umia a Alba Barral, Domi e Yoli.

Salir de la versión móvil