O Porriño 10k inicia a súa conta atrás

Publicidad

O mundo do running darase cita de novo no Porriño o vindeiro 1 de maio. O alcalde, Alejandro Lorenzo, e a presidenta do Atletismo Porriño, Patricia Estévez, anunciaron hoxe que as e os amantes deste deporte poderán por fin correr polas nosas rúas nunha nova edición da carreira O Porriño 10K.

Cabe destacar que o evento suspendérase no 2020 por mor da pandemia e que as inscripcións se manteñen, polo que se habilitou un período de devolución para todos aqueles que estaban inscritos e que non poidan participar na presente edición. O prazo de devolución abrirase do 14 ao 20 de marzo, ambos incluídos. Estas devolucións tramitaranse a través da páxina web Championchipnorte (premer aquí).

Posteriormente haberá un novo prazo de inscrición para esta edición. Será do 21 ao 3 de abril.

Salir de la versión móvil