O Rosal non celebrará a San Silvestre deste ano pola actual situación sanitaria do municipio

San Silvestre de Vigo en 2019

Publicidad

O Rosal suspende a San Silvestre que estaba organizada para o 31 de decembro ante a alta incidencia da Covid-19 no municipio e na área sanitaria de Vigo. A carreira que, ía estar acompañada por unha chocolatada ao rematar, "tivo una unha gran aceptación e tiña moitas personas inscritas, pero tendo en conta a actual situación epidemiolóxica é mellor ser prudentes e anular a actividade" explican dende o Concello.

Apelando ao carácter non só deportivo senón tamén lúdico do evento, Ánxela Fernández, alcaldesa de O Rosal, afirma que "é a decisión máis acertada, aínda que nos da moita mágoa anular esta festa do deporte é o que debemos facer por responsabilidade e pola saúde de todas as persoas que ían participar".

Ademáis, dende o Concello agradecen o traballo das personas que sacaron adiante o evento e tamén a todos e todas os deportistas que se apuntaron á carreira. "Agardamos desfrutar ao máximo da San Silvestre do ano que vén. Agora é tempo de coidarse para deixar o virus atrás”, afirma Ánxela Fernández, engandindo que seguirán "planificando actividades sempre que sexa posible,  coa máxima seguridade, respectando a normativa e priorizando a saúde".

Salir de la versión móvil