Os outros Xogos Olímpicos dispútanse este sábado en Moaña

Publicidad

Moaña convértese en Atenas. O espírito e a filosofía das Olimpíadas inunda este sábado 8 de xuño as Pistas de Atletismo da Xunqueira. O recinto deportivo convértese no escenario dunha nova edición das Olimpíadas escolares que organizan a Federación de Anpas de Moaña, o Concello de Moaña e o Club Samertolaméu.

As Olimpíadas Escolares de Moaña reunirán a 555 nenas e nenos procedentes de nove centros educativos. As e os deportistas competirán a nivel individual ou polo equipo de cada colexio. Nesta cita deportiva hai probas como o lanzamento de peso, xavalina, salto de lonxitude, salto de altura ou carreiras de 1.000 metros liso ou 60 metros valados.

O evento contará con participantes que van dende categorías prebenxamín (nados en 2014) ata infantil (2006). A participación pode ser por equipos ou individual. A composición por equipos será dun máximo de oito atletas por proba, se ben só puntuará para o equipo o primeiro dos clasificados de cada centro. No obstante, cada atleta poderá participar como máximo en dúas probas individuais das establecidas para a súa categoría. En tódalas categorías haberá un só equipo de relevos.

Os premios que se establecen son 204 medallas (84 para infantís, 72 para os alevíns e 30 para os benxamíns e 18 para prebenxamíns). A organización tamén entregará galardón ao atleta masculina e feminino que bata algún récord dos establecidos para cada proba e categoría ou logre a maior puntuación en carreiras e concursos. Ademais haberá tamén dez trofeos para os equipos e seis para os gañadores do triathlon.

O evento terá lugar ao longo da xornada deste sábado 8 de xuño. O horario das Olimpíadas Escolares serán de 10:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 19:00 horas. A inscrición para participar nesta cita deportiva xa está pechada. Ademais dos 555 deportistas, o evento terá contará entre 80 e 100 persoas entre voluntarios e xuíces.

Salir de la versión móvil