Ponteareas abre a Liga Galega de Natación

Publicidad

O vindeiro sábado 11 de novembro, o Club Natación Ponteareas organiza xunto á Federación Galega de Natación a primeira xornada da Liga Galega de Natación da tempada na categoría alevín.

A competición, de carácter autonómico, contará con xuíces árbitros e cronometraxe manual. As marcas acreditadas serán tidas en conta para acceder aos campionatos de Galicia e de España.

A Liga Galega de Natación comezará ás 17:00 horas e as gradas estarán abertas ao público dende as 15:30 horas, momento no que a piscina quedará a disposición dos nadadores para realizar exercizos de quecemento.

Disputaranse probas individuais en diferentes distancias e estilos así como relevos por equipos.

A organización convida a tódolos veciños e seguidores a asistir e apoiar aos deportistas tanto do Club Natación Ponteareas como de fóra da localidade de O Condado.

Salir de la versión móvil