Showtime co 3x3 de Baloncesto Vila da Guarda

Publicidad

O equipo "Os Sobaos" foi o gañador do Torneo 3x3 de Baloncesto Vila da Guarda tras vencer na final ao conxunto vigués "100tolos". Os da cidade olívica, campións na pasada edición, resultou ser o conxunto máis premiado ao recibir os premios ao equipo máis anotador e ao máis defensivo; amais, Manuel Colmeiro, membro deste, foi elixido como MVP da competición.

O podio do Torneo 3x3 de Baloncesto Vila da Guarda completouno o conxunto "LRZ", tras as semifinais contra o equipo guardés, "Minho's Finest".

O "DAAV", composto exclusivamente por xogadoras, foi premiado como o grupo con menos faltas cometidas durante os encontros, mentres no concurso de triples, Adrián Blanco foi o merecedor do recoñecemento.

A solidariedade do Baloncesto Vila da Guarda

O baloncesto tamén tivo o seu lado solidario en A Guarda. O pasado sábado 22 de xullo celebrouse nas pistas do Centro Cultural a terceira edición do Torneo 3x3 de Baloncesto Vila da Guarda, para cuxa inscricón os participantes debían aportar unha bolsa de alimentos. En total, recadáronse preto de 50 quilos de comida, con destino ao Banco de Alimentos municipal, polo que o Concello desexa agradecer a solidariedade amosada polos implicados nesta iniciativa.

Salir de la versión móvil