↥Publicidad
A copa do Torneo Internacional de Fútbol 7, que gañou o Tyde o pasado verán, é custodiada ata o mes de xuño pola Asociación de Tudenses en Versmold. O pasado venres os xogadores, directivos e presidente do Tyde, Elías Vieiro, xunto ao concelleiro de Deportes, Andrés Urseira, fixeron entrega da copa a un membro do colectivo tudense en Alemaña que exporán a copa na súa sede até que se dispute novamente o torneo.
O Tyde FC acudirá no mes de xuño novamente, por quinto ano consecutivo ao Torneo Internacional de Fútbol 7 en Versmold, onde defenderá o título de campións logrado o ano pasado fronte a outros 21 equipos de distintos países europeos.