Ultimas horas para inscribirse na carreira do Día do Traballador de Tomiño

Publicidad

Tomiño celebra o vindeiro luns 1 de maio, a primeira edición da Carreira Día do Traballador, na que xa hai apuntadas arredor de 200 persoas, a partir dos 16 anos de idade.

A saída será ás 10.30h dende a rúa Daniel Calzado, no Seixo. A meta será no mesmo lugar.
O prazo de inscrición remata este domingo 29 de abril ás 24.00h. As persoas interesadas poden apuntarse no Centro Deportivo Vip, de Tomiño, ou ben, na plataforma de Championchipnorte.

Haberá tres modalidades entre as que se poderá elixir á hora de inscribirse: carreira de 10 km., carreira de 5 km., ou ben, andaina (5.km.). Haberá premios para os mellores clasificados de Tomiño (feminino e masculino) e gañador/a absoluto. Tamén para as categorías Maiores de 55 anos; de 35 a 55 anos e de 16 a 35 anos.

A entrega de dorsais rserá no lugar de saída dúas horas antes do comezo da proba.

A proba, organizada polo Tebra F.C., conta coa colaboración do Concello de Tomiño e do ximnasio Vip.

Salir de la versión móvil