Ultreia, o grito de guerra do Camiño de Santiago renace de novo

Publicidad

Os peregrinos da antigüidade saudábanse uns a outros gritando: Ultreia. Era a mensaxe de ánimo para chegar ao lugar prometido. Con esta premisa, nace unha nova iniciativa que que busca reunir aos amantes do sendeirismo popular para percorrer a distancia que separa Tui de Pontevedra.

A Ultreia é unha marcha que se presenta como un reto, un estímulo e unha xornada de convivencia accesible para calquera tipo de persoas, independentemente das súas características físicas.

A proba arrancará dende a fronteiriza vila de Tui o vindeiro domingo, 4 de marzo, para coñecer boa parte da provincia a través do roteiro do Camiño. Así, os participantes descubrirán as Gándaras de Budiño, espazo natural protexido de gran valor ecolóxico, Redondela e a súa panorámica da ría de Vigo, Ponte Sampaio e a súa afamada ponte sobre o Verdugo, a ruta dos Gafos, próxima a capital provincial, e, finalmente, a Boa Vila, a cidade de Pontevedra.

Como funciona Ultreia?

Ao longo da proba, haberá tres puntos de recollida dos participantes que non poidan chegar a Pontevedra, e que os levarán ata a chegada. Desta maneira, cada participante poderá facer a marcha que mellor se adapte a súas condicións.

Como anotarse?

As inscricións estarán abertas ata o 25 de febreiro, a través da páxina www.cronotec.es, a un prezo de 6,20€ por persoa, recibindo os participantes unha camiseta conmemorativa, unha mochila, os avituallamentos, así como o seguro deportivo e os traslados ata o punto de saída.

Salir de la versión móvil