Cada carreira popular é especial. Ten un compoñente distinto con respecto ás outras. Este é o caso tamén da nova edición da Carreira Pedestre Concello de Moaña, unha competición que celebra este sábado quince anos cun lema, "un atleta unha árbore".
A proba é perfecta para todos os públicos. É un percorrido chá, feito para que calquera runner poida completar a distancia de 5 quilómetros (unha volta) ou 10 quilómetros (dúas voltas). A Carreira Pedestre Concello de Moaña será tamén a gran festa do atletismo popular. A actividade comezará ás 17:00 horas coas probas das categorías inferiores, que terán lugar no Parque da Xunqueira.
Ás 19:30 horas será o momento do evento central. A saída da Carrera Pedestre Concello de Moaña terá lugar frente as pistas de atletismo, chegará ata O Con e retornará para rematar no interior das pistas de atletismo. O tempo máximo de duración da proba será de 1 hora e 20 minutos. Por outra banda, os atletas que non consigan completar a primera volta ao circuito -que ten 5 quilómetros- nun tempo de 40 minutos non poderán continuar na carreira e a súa clasificación será a dos 5k.
A competición contará cun avituallamento cada 2.5 quilómetros. Un dos elementos diferenciais da Carreira Pedestre Concello de Moaña é que, ao cruzar a liña de meta, os corredores poderán degustar un plato tan típico na localidad como son os mexillóns.
Ademais desta xuntanza entre todos os participantes e os seus familiares e amigos, esta nova edición da carreira popular moañesa ten como compoñente máis destacado o lema de "un atleta, unha árbore". Porén, grazas o acordo do Club Atletismo Samertolameu e a Xunta de montes de Meira, plantarase carballos nos montes de Moaña durante o vindeiro mes de novembro.
A participación está aberta a persoas de todas as edades. O prazo de inscrición remata este mércores ás 23:59 horas. Os interesados poden anotarse na plataforma de Championchipnorte por un prezo de 9 euros se tes chip ou 10 euros con chip. Os corredores das categorías inferiores non pagarán. A organización da Carreira Pedestre Concello de moaña establece un límite de 750 inscritos.
A carreira entregará un trofeo para os tres primeiros clasificados das categorías inferiores e 100 medallas para os atletas prebenxamins. No caso dos maiores, haberá trofeo para o primeiro e a primeira atleta de Moaña, trofeo tamén para os tres primeiros corredores de cada categoría e sexo e premio en metálico aos tres primeiros clasificados da Carreira Popular 10k tanto en homes como mulleres.
A retirada de dorsais e chips será o mesmo día da proba dende as 15:30 horas nas pistas de atletismo ata 30 minutos antes do inicio da Carreira Pedestre Concello de Moaña.