Vigo estrea este xoves nun acto especial a mostra “Galiza, un pobo, unha selección”

A exposición tamén está dispoñible en A Coruña

Publicidad

Como sería o papel de Galicia nuns Xogos Olímpicos? Tería Galicia o billete para disputar o Mundial de Qatar de fútbol? Estas e outras preguntas non teñen respostas. Pero si hai unha fonda debate sobre o papel do deporte galego nas grandes citas internacionais. Si hai unha referencia. Esta é o papel das galegas e o galegos ao longo da historia como é o caso de David Cal, Teresa Portela, Gómez Noya, Susana Rodríguez, Nico Rodríguez ou á boa saúde do noso fútbol.

Na lembranza quedan eses partidos da Selección galega de fútbol. Ese último encontro que reuniu sobre o verde a Iago Aspas e Lucas Pérez. Moitos futboleiros soñaron hai uns días co reencontro da Irmandiña nesa imaxe na que estaban xuntos “O Príncipe das Bateas” e Nico Rodríguez, o fillo do exdeportivista Fran e agora unha das grandes perlas da canteira do FC Barcelona.

Todas estas ideas e estes soños conflúen nunha exposición que chega este xoves 17 novembro a Vigo. O Centro Veciñal e Cultural de Valadares acolle dende as 17:00 horas a mostrar “Galiza, un pobo, unha selección”, que a través de 20 paneis amosará a traxectoria do deporte galego a favor das seleccións nacionais galegas.

A exposición está promovida pola Plataforma Vía Galega, un colectivo que agrupa a máis de 60 asociacións culturais, sociais e deportivas. A mostra exhibirase en 35 cidades e vilas galegas durante este 2021 e no vindeiro 2022 e foi comisariada polo xornalista Héctor Pena. No acto de presentación estará a deputada provincial María Ortega, Anxo Louzao e Nuno Galán Alvés, de Vía Galega.

A mostra “Galiza, un pobo, unha selección” pódese visitar ata o 30 de novembro en horario de 10:00 a 22:00 horas. A exposición encádrase nunha campaña que ten como obxectivo esixir o dereito a que Galicia poida competir profesionalmente e a nivel oficial en todos os deportes, tanto nas seleccións femininas como masculinas. Para alén disto, a campaña tamén pretende contribuír e fortalecer a autoestima e a conciencia nacional mediante o deporte; potenciar aos deportes galegos, a súa historia e a importancia para a nosa cultura; incidir na galeguización do deporte e impulsar a igualdade de xénero.

Salir de la versión móvil