O Volei-Praia estrea os torneos de verán en Baiona

Publicidad

Os torneos de verán Vila de Baiona "Gran Premio Villarosa-La Caixa" comezarán este sábado 29 de xullo na praia da Ladeira cun total de 34 equipos disputando o título de Volei-Praia. Arredor de 150 deportistas, 28 conxuntos adultos e 6 de categoría sub'14, están inscritos para participar no primeiro dos catro torneos que organiza o Concello de Baiona durante os meses de xullo e agosto.

O torneo de Volei-Praia comezará ás 10:00 horas deste sábado e desenvolverase en dúas fases tentando que todos os equipos permanezan en competición o maior tempo posible. A fase previa será con grupos en sistema de liga todos contra todos a un set de 21 puntos e as fases eliminatorias cun sistema de eliminación directa ao mellor de tres sets a 15 puntos. No caso da competición sub'14 os partidos arrincarás ás 16:00 horas.

Outros torneos de verán en Baiona

Ao longo do mes de agosto, o Concello de Baiona organiza outras tres competicións. As inscricións xa están abertas e poden formalizarse no Pavillón Municipal.

O seguinte torneo do Vila de Baiona "Gran Premio Villarosa-La Caixa" será o XVI Palas-Praias 2x2 (categoría única adultos mixtos), cunha idade mínima de 14 anos e a celebrar o vindeiro 12 de agosto (12:00 horas) na Praia da Ribeira. Posteriormente, chegará a quenda para o XV Concurso Infantil de Pesca "Concello de Baiona", o 18 de agosto no Porto Pesqueiro, e por último, os vindeiros 25 e 26 de agosto celebrarase o XXII Basket 3x3 no parque de Palma para as categorías mixtas sub'12, Adultos, Veteranos e Especial.

Salir de la versión móvil