A Asociación Deportiva Wudang faise con oito medallas de ouro no campionato galego celebrado esta fin de semana pasada no pavillón dos Remedios de Ourense. No encontro o wushu de Ponteareas tamén acadou catro medallas de prata e tres de bronce, aumentando o número de metais respecto á tempada do 2017 no que en total conseguiran oito fronte ás quince obtidas esta fin de semana conseguindo os resultados en todas as categorías e disciplinas.
O club sinala que seguirán a traballar para por a Ponteareas no mapa deportivo de Galicia, de España e do mundo.
O concelleiro de Deportes, Benito Fernández, salienta a labor deste club que ofrece novas disciplinas e unha práctica deportiva para distintas idades e categorías.
Campionato Galego 2018
Xes Argüelles Presa
Nanquan infantil masculino ouro
Nandao infantil masculino ouro
Gabriel Candal Veiga
Nanquan infantil masculino prata
Yorel López Romero
Changquan infantil masculino ouro
Samuel Sánchez Gil
Nanquan cadete masculino prata
Naim Codeseda Tielas
Changquan junior masculino prata
Sergio Vázquez Alonso
Changquan junior masculino ouro
Daoshu junior masculino ouro
Paula Sotelino Coro
Daoshu sénior feminino bronce
Jacobo Mo Caeiro
Nanquan sénior masculino bronce
Nandao sénior masculino prata
Maikel Cuña Bernárdez
Nandao senior masculino bronce
Lorenzo Rivera Trigo
Nangun sénior masculino ouro
Belén Arjones Fernández
Nanquan sénior feminino ouro
Nandao sénior feminino ouro