A CIG denuncia a "improvisación" nos test serolóxicos ao profesorado

Publicidad

A CIG vén de denunciar o modo en que a Xunta de Galicia está a realizar os tests serolóxicos fronte ao COVID-19 ao corpo de profesores públicos. A central sindical lamenta “a última ocorrencia da actuación improvisada e falta de rigor da administración autonómica” coa realización de tests serolóxicos de dobre banda que “non aparecen nin como posibilidade no protocolo” e que “é a menos fiable das probas coñecidas para detectar o virus”.

A CIG denuncia que o profesorado “non recibiu ningunha comunicación das condicións nas que se van realizar estas probas, tendo que saber nesta semana e por distintos medios de que debe facer a proba con carácter inmediato”.

O corpo de profesores estaría a recibir mensaxes no seu móbil ou mediante chamada telefónica e non a través do correo electrónico corporativo da propia Consellería. Amais, lamenta que “non todas as xefaturas territoriais están a actuar simultaneamente nin cos mesmo criterios”. “No colmo da descoordinación, a Xefatura Territorial da Coruña envía neste mesma mañá do 27 de xullo un email a determinados centros con “información co cronograma de realización dos Tests PCR nos Centros educativos que nos traslada a Consellería de Sanidade” e indicado que as franxas horarias e días non se poden modificar, cando noutras provincias ou áreas sanitarias de teñen autorizado cambios”, explican.

En todos os casos o persoal docente descoñece oficialmente que tipo de proba se lle vai facer, a posibilidade de mudar día ou hora da cita, se é ou non voluntaria ou que utilidade ten de cara a volta ás aulas. Simplemente son citados dende a área sanitaria onde van ter o destino no curso 2020-21 sen ter en conta a súa residencia.

Salir de la versión móvil