A Covid golpea Vigo: un terzo das persoas atentidas polos servizos sociais son novos usuarios

Publicidad

Desde o inicio da pandemia, os usuarios atendidos polos servizos sociais do Concello de Vigo case que se multiplicaron por tres, pasando dos 1.200 persoas ao mes antes da irrupción da Covid-19 aos 3.200 actuais. Segundo explicou este venres o alcalde, Abel Caballero, 23.000 cidadáns foron atendidos nos oito primeiros meses deste ano.

O Concello constata que unha terceira parte do total de atendidos desde marzo son novos usuarios dos servizos sociais municipais, o que responde "ao atraso no abono dos ERTES, aos despedimentos e a persoas que vivían da economía somerxida", segundo argumentou o rexedor local.

Ademais, as axudas de emerxencia concedidas desde marzo polo Concello para gastos básicos tamén aumentaron nun 300% con respecto á etapa anterior e xa superan as 10.000 e os 1,25 millóns de euros transferidos. O alcalde ofreceu outro dato que reflicte o impacto socioeconómico da pandemia: o Servizo de axuda no fogar sumou a 330 persoas desde marzo, un 30% máis, ata os 1.200 usuarios, a cifra máis elevada desde que se presta este servizo.

No tocante ao social, Caballero resumiu que os servizos permanentes experimentan un aumento do 30% mentres que os de emerxencia se elevan nun 300%: “É unha parte dos efectos da pandemia”, valorou o alcalde, antes de insistir en que “en Vigo non hai límite orzamentario para a atención social; o que sexa preciso, imos habilitalo”.

Salir de la versión móvil