O sector cultural de Vigo quere un cambio de rumbo. Diferentes colectivo e asociación pasan a acción para “dar a coñecer e divulgar a situación” que se vive na cidade e buscar unha mellora coa axuda da cidadanía.
Este venres, 16 de novembro, o salón de actos do IES Politécnico de Vigo acollerá un encontro aberto a toda a cidadanía co que buscar solucións que melloren a vida cultural da cidade. A cita, que arrancará ás 17:30 horas, estará moderada por Fernando González “Gonzo” e conta co apoio da Agrupación Amig@s do MARCO, Ateneo Atlántico, AColectiva, CAÍN e o Instituto Galego de Praxe Actual.
Os coorganizadores de este encontro aseguran que se trata dunha cita “propositiva” coa que argallar melloras ante o “malestar xeral” existente no ámbito cultural. Unha situación que aseguran vence producindo ante as “malas prácticas, o abandono do patrimonio ou a falta de participación da cidadanía na xestión cultural”.
Pódeche interesar: A elección da dirección do Marco, de novo con polémica
Por sito, Vigo 16N, é un encontro aberto a todos os cidadáns para establecer lazos entre veciños da cidade, asociacións e colectivos sociais. Os asistentes analizarán a situación actual do ámbito da cultura local e intentarán afondar en solucións e propostas para a mellora da situación, “sabendo que a mellora é posible”.
A cita contará cunha mesa redonda que estará divida en tres campos temáticos. No apartado de “equipamentos e xestión cultural” participará a avogada e crítica cultural Ania González. O historiador Uxío Reinoso e o arquitecto Iago Valverde tratarán sobre o “urbanismo e patrimonio” e o editor Manuel Bragado abordará a “imaxe da cidade e a súa identidade”.
Despois da presentación dos relatores, dará comezo unha posta en común e debate cos asistentes ó encontro.
Horario orientativo:
- 17:30 Presentación do encontro por parte de Gonzo e os representantes coorganizadores (Ateneo Atlántico, Agrupación de Amig@s do Marco, Caín e A Colectiva).
- 17:45 Introdución a mesa redonda por “Gonzo”
- 18:00 Comezo das mesas redondas.
- 18:45 Posta en común e inicio do debate.
- 20:00 Finalización do encontro