Os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes recibirán desde este xoves a primeira entrega de máscaras coordinada pola Deputación de Pontevedra que se repartirán con criterios obxectivos segundo a poboación e o índice de sobre envellecemento. Este material de protección procede da achega de 7 millóns de unidades, posta en marcha polo Goberno de España e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), segundo a cal as deputacións se encargan da súa distribución nos municipios máis pequenos.
As máscaras estarán destinadas aos colectivos máis vulnerables de cada vila, de menos de 20.000 habitantes. En concreto, ás persoas máis maiores ou atendidas por teleasistencia, e ao persoal municipal máis exposto ao virus como o dos servizos de limpeza e recollida de residuos sólidos, empregados do transporte público, traballadores sociais e do SAF ou persoal de protección civil e emerxencias como policía local ou anti incendios.
O reparto deste material de protección entre os concellos faise en función de dous criterios obxectivos, unha cantidade lineal por tramos de poboación: de hasta 3.000 habitantes, de 3.000 a 5.000, de 5.000 a 10.000, de 10.000 a 15.000 e de 15.000 a 20.000. A esta cantidade se engade unha segunda partida destinada a aqueles concellos que teñen un maior factor de sobre envellecemento.
Atendendo a estes criterios, nesta entrega da Deputación, 8.000 mascarillas chegarán este xoves á comarca do Deza-Tabeirós/Terra de Montes; 11.600 ao Salnés; 10.100 á comarca de Vigo; 10.900 á de Pontevedra; 8.500 máscaras serán entregadas nos concellos do Condado-A Paradanta; 2.400 nos do Morrazo e 5.500 nos do Baixo Miño.
BAIXO MIÑO | |
A Guarda | 1000 |
Oia | 1100 |
O Rosal | 1000 |
Tomiño | 1100 |
Tui | 1300 |
TOTAL | 5500 |
DEZA TABEIRÓS-TERRA DE MONTES | |
Silleda | 1300 |
Cerdedo-Cotobade | 1300 |
Vila de Cruces | 1300 |
Forcarei | 1100 |
Rodeiro | 1000 |
Agolada | 1000 |
Dozón | 1000 |
TOTAL | 8000 |
MORRAZO | |
Cangas | |
Moaña | 1300 |
Bueu | 1100 |
TOTAL | 2400 |
SALNÉS | |
Sanxenxo | 1300 |
Cambados | 1100 |
O Grove | 1100 |
Vilanova | 1300 |
Valga | 1000 |
Meaño | 1000 |
Meis | 1100 |
Ribadumia | 1000 |
Catoira | 1100 |
A Illa de Arousa | 800 |
Pontecesures | 800 |
TOTAL | 11600 |
PONTEVEDRA | |
Poio | 1300 |
Caldas de Reis | 1000 |
Ponte Caldelas | 1300 |
Cuntis | 1100 |
Vilaboa | 1300 |
A Lama | 1000 |
Moraña | 1100 |
Barro | 800 |
Portas | 1000 |
Campo Lameiro | 1000 |
TOTAL | 10900 |
CONDADO-PARADANTA | |
Salvaterra de Miño | 1000 |
A Cañiza | 1300 |
As Neves | 1100 |
Mondariz | 1100 |
Covelo | 1000 |
Arbo | 1000 |
Crecente | 1000 |
Mondariz-Balneario | 1000 |
TOTAL | 8500 |
VIGO | |
O Porriño | 1300 |
Nigrán | 1300 |
Gondomar | 1100 |
Mos | 1300 |
Baiona | 1100 |
Salceda de Caselas | 1000 |
Soutomaior | 1000 |
Pazos de Borbén | 1000 |
Fornelos de Montes | 1000 |
TOTAL | 10100 |