A Guarda retoma o mercado semanal dos sábados

Foto de arquivo do mercado da Guarda // Concello da Guarda

Publicidad

O Goberno municipal da Guarda vén de aprobar que se recupere a actividade do mercado semanal dos sábados na Alameda da Guarda. O mercado quedara suspendido e só se instalaban os postos habituais de froitas e verduras, prantas e embutidos dende o pasado sábado día 24 de outubro ante a evolución da COVID-19.

Agora, o Concello autoriza que se amplíe a súa actividade cun 50% dos postos habituais a partires deste sábado día 21 de novembro. A Guarda atópase este mércores en nivel laranxa, un chanzo por debaixo do máximo nivel de alerta, ao rexistrar entre 14 e 21 casos de coronavirus na última semana.

Salir de la versión móvil