A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia o "desprezo" de RTVE cara ao galego

Campaña da Mesa pola Normalización Lingüística

Publicidad

A Mesa pola Normalización Lingüística -unha plataforma con preto de 40 anos de historia e unha das asociacións culturais máis numerosas de Galicia- denunciou o "desprezo" de RTVE cara ao idioma propio da Comunidade galega. "Queremos galego na televisión que pagamos", advirte o presidente da Mesa, Marcos Maceira, que anuncia que "se están preparando concentraciónes de denuncia nas cidades galegas.

Así, afirmou, a través dun comunicado e a súa difusión en redes, que a "presunta manipulación" do Benidorm Fest que "denuncian a maior parte dos medios de comunicación do Estado" e que "deu como resultado" a polémica derrota do grupo galego Tanxugueiras, "non é un caso illado na política lingüística e cultural de RTVE, senón unha mostra máis do desprezo que mostra o ente público" pola lingua cooficial.

"Hai 31 anos que RTVE pechou a súa emisora de radio en galego", lembrou o presidente da Mesa, quen sinalou que "só emite en galego 39 minutos dun total de 120 horas", o que supón o 0,5 por cento dos seus contidos diarios e o 0 por cento dos contidos infantís e xuvenís.

Maceira lamentou que "recentemente se permitiron emitir tentativa de parodias co galego", en referencia ao programa Masterchef, "pagadas co noso diñeiro". "Galicia e o galego non existen para RTVE", abundou Maceira, quen atribuíu así "a reacción ao éxito dunha música e dun grupo capaz de chegar a todo o público sen apoio e mesmo contra o criterio excluínte da cadea pública".

Pediu unha entrevista

O presidente da Mesa dirixiuse á dirección estatal de TVE até en tres ocasiones solicitando unha entrevista coa dirección para presentarlle a reivindicación de máis horas en galego e presenza dobrada e subtitulada en toda a programación, "sen obter ningunha resposta". Maceira tamén lembra o acordo unánime do Parlamento galego, relativo ao galego en RTVE, a pesar do cal "a canle non cambiou de actitude, senón que a intensificou, como demostra o ocorrido en Benidorm".

"Esta actitude contrasta coa dirección galega e co persoal de RTVE en Galicia", sinala Maceira, quen engade que o seu "compromiso coa lingua galega está fóra de toda dúbida".

Salir de la versión móvil