O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, visitou xunto ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, os avances na intermodal de Vigo coa construción da nova estación de autobuses. O obxectivo da Xunta es que a intermodal estea finalizada a mediados de 2021, ao mesmo tempo que Vialia e os accesos ao centro comercial que contará con diferentes establecementos como Primark. A previsión é rexistrar dous millóns de viaxeiros ao ano. Esta estación terá trinta dársenas e haberá arredor de 500 buses diarios.
Durante a visitas ás obras da nova terminal de autobuses, Feijóo aseverou que o afán da cooperación estará sempre presente no Goberno galego. “A Xunta é a administración pública que máis inviste en Vigo”, afirmou o presidente autonómico ante un Abel Caballero que felicitaba á Consellería de Infraestruturas que encabeza Ethel Vázquez polo proxecto da intermodal viguesa.
A estación de autobuses, cuxas obras iniciáronse recentemente, servirá de soporte e plataforma ao gran impulso de transporte público coas novas liñas, co plan de transporte metropolitano e coa tarxeta Xente Nova, coa que os menores de 19 anos viaxan gratis en autobús e que a partir de xaneiro chegará ata aos 21 anos.
Núñez Feijóo fixo fincapé en que a Xunta seguirá apostando por Vigo como o fixo co impulso e aprobación dunha lei autonómica, que permitiu que Vigo puidese seguir avanzando a pesar da anulación xudicial do Plan Xeral; posibilitando a construción do Centro Vialia xunto á estación de ferrocarril; posibilitando a construcións duns accesos que van transformar radicalmente para ben este entorno urbana e en cuxo funcionamento tamén colabora a Xunta; e posibilitando a construción da nova estación de autobuses.