A UVigo aposta pola presencialidade total na volta ás aulas despois do Nadal

Publicidad

Despóis das vacacións de Nadal as clases retomaránse o vindeiro luns 10 de xaneiro de xeito totalmente presencial en todas as titulacións dos tres campus da UVigo. Tendo en conta o acordo unánime entre o goberno e as comunidades autónomas, a Universidade de Vigo informou que recuperará as clases como o viña facendo antes do Nadal, é dicir, apostando pola presencialidade tanto nas clases coma nos exames e pondo en marcha medidas que garantan que as persoas confinadas por mor da Covid-19 non perdan clases nin probas nin avalaciacións.

O reitor da UVigo, Manuel Reigosa, explica que "seguen en vigor os protocolos que se viñan aplicando, tentando combinar a máxima seguridade nas aulas con medidas que permitan que as persoas confinadas non perdan clases nin exames". Ademais, engade que "as guías docentes de todas as materias para este curso contemplan Plan de Continxencias coas correspondentes adaptacións de metodoloxía e probas de avaliación para situacións coma esta".

En canto á diversidade na adaptación das avalacións para o alumnado afectado pola Covid-19, o vicerreitor de Ordenación Académica Profesorado, Manuel Ramos, explica que "cómpre avaliar materias moi diversas" e asegura que "non hai unha norma fixa, polo que cada profesor e profesora na guía docente das súas respectivas materias optou polo que estimou mellor".

Test PCR para PDI e PAS e mostraxes xerais para alumnado

A UVigo realizará a vindeira semana tests PCR sobre saliva ao seu persoal docente e investigador e ao persoal de administración e servizos, que suman algo máis de 2.800 persoas. Entre os días 10 e 11 de xaneiro poderán recollerse os kits de mostras de saliva para a realización das PCR e o 12  se deberán entregar nas conserxerías de cada facultade.  En canto ao alumnado, unha vez rematados os exames, retomaranse as mostraxes xerais ou centradas naquelas aulas nas que aparezan contaxios.

Salir de la versión móvil