A Xunta de Galicia presenta as liñas de actuación para modernizar o sector e o destino turístico

Publicidad

Un 2025 fundamental para o turismo en Galicia, no que a Xunta investirá un total de 146 millóns de euros para Turismo de Galicia, unha subida de 1,3 millóns de euros comparado co ano anterior, que permitirán ao departamento que preside Xosé Merelles reforzar a planificación e xestión do destino con novas ferramentas, modernizar e dixitalizar o sector, renovar e diversificar territorialmente a oferta e consolidar unha sostibilidade turística integral na que o Goberno galego leva inmerso xa varios anos.

Publicidad

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, resaltou que esta subida nos orzamentos de cara ao 2025 é unha mostra do “fondo compromiso do Goberno galego pola actividade turística como un elemento clave da nosa economía”. O máximo responsable do departamento explicou polo miúdo na súa comparecencia no Parlamento estes orzamentos, avanzando algunhas das principais medidas que se porán en marcha durante o vindeiro ano. “Tras os excelentes datos turísticos neste 2024 cun crecemento do 2% en viaxeiros e do 7% en rendibilidade, as novas contas permitirannos consolidar a planificación e xestión de fluxos turísticos, a desestacionalización, diversificación con novas accións”, afirmou.

Publicidad

Unha das principais medidas que adoptará Turismo de Galicia en 2025 será a posta en marcha do Observatorio de Sostibilidade Turística, que se vai adxudicar este mes de decembro e que permitirá actualizar as metodoloxías estatísticas e monitorizar e evolución dos destinos galegos a través dun sistema estatístico de observación integral. Por outra banda, tamén se analizarán novos destinos onde implantar sistemas piloto de regulación de fluxos, instalaranse novos sensores nas rutas xacobeas para monitorizar a chegada de peregrinos e se porá a disposición un cadro de mandos estatísticos coas principais operacións estatísticas de datos actualizadas, ademais de outras ferramentas.

“Damos continuidade a todo este traballo de planificación que levamos a cabo para dar resposta á evolución mundial da actividade turística, anticipar tendencias e mellorar na toma de decisións estratéxicas así como avanzar tamén na sostibilidade en todas as súas vertentes, desde a ambiental ata a económica e social para tallar posibles situacións adversas”, indicou Xosé Merelles.

Publicidad

O director de Turismo de Galicia destacou a importancia que os orzamentos darán á renovación da oferta turística, ou novos plans como o que permitirá reposicionar Galicia como destino termal. “A intención é seguir posicionando á comunidade galega como un destino de calidade no eido termal e reforzar o termalismo para a desestacionalización do destino”. Merelles avanzou que, entre as medidas, incluirase o seguimento da execución dos sete Plans de Sostibilidade Turística incluidos no Plan Territorial de Sostibilidade Turística de Vilas Termais e Cascos Históricos, a posta en marcha dunha nova liña de axudas de 8 millóns de euros que posibilitará renovar as infraestruturas termais galegas e crear novas, así como un reforzo da promoción como destino termal, entre outras. “Serán medidas que permitan o intercambio de información e posta en marcha de iniciativas conxuntas arredor do termalismo, promover as boas prácticas que establezan estándares de calidade claros e específicos, mesmo a posta en marcha dun observatorio termal, como ferramenta de investigación turística e de orientación profesional·”.

Ampliar a capacidade aloxativa

Outra das novidades dos orzamentos de Turismo de Galicia para 2025 será apoiar a modernización e innovación do sector apostando pola dixitalización e mellora das súas infraestruturas. Neste sentido haberá medidas como novas axudas que permitirán impulsar proxectos tractores para crear establecementos turísticos e realizar grandes obras de reforma cun investimento de máis de 2 millóns de euros, ou outras por 500.000 euros para impulsar a dixitalización das axencias de viaxe. Manterase o apoio ao concellos máis pequenos, con 2 millóns de euros para que melloren as súas infraestruturas turísticas e increméntase o apoio ás empresas do sector para mellorar os seus equipamentos, cunha liña de axudas de 4 millóns de euros, entre outras accións.

“O sector turístico ten arredor de 130.000 persoas ocupadas en Galicia nas distintas ramas, e traballaremos tamén para reforzar a súa formación e dar calidade ao destino aproveitando o papel do Centro Superior da Hostalaría de Galicia que se está a posicionar cada vez máis como referente da formación do sector turístico”, explicou Merelles.

O director de Turismo de Galicia referouse tamén ao Plan de formación en competencias dixitais de 2,5 millóns de euros que se porá en marcha o vindeiro ano para informatización e alfabetización de datos, comunicación e colaboración, creacións de contidos dixitais, seguridade e resolución de problemas, entre outros. Os orzamentos permitirán reforzar a xestión turística, ampliando a actividade inspectora nas distintas tipoloxías, con máis persoal, para garantir a boa experiencia de residentes e visitantes, así como para seguir contando cunha actividade turística de calidade, incluíndo a revisión do marco normativo en sectores como o turismo activo.

Destino máis internacional

En canto á promoción turística, o director de Turismo de Galicia recordou que se reforzarán as estratexias de internacionalización e a promoción exterior a través do valor intanxible que ofrece a marca Galicia Calidade. Xosé Merelles avanzou a participación de Galicia na Expo 2025 de Osaka, as exposicións do Camiño de Santiago en México, a actividade dedicada á ruta xacobea no Instituto Cervantes de Shanghái e as Semanas do Camiño en Brasil en Arxentina. Ademais, Galicia terá como destino turístico unha importante presencia nos principais mercados emisores internacionais, con especial incidencia nalgúns como Estados Unidos.

No relativo ao fenómeno xacobeo, nun contexto de crecemento constante e sostido do número de peregrinos, na que a recollida de Compostelas está a medrar a un ritmo do 12% e o número de peregrinos supera xa ao total dos que viñeron en todo 2023, os orzamentos de 2025 afondarán en seguir mellorando a experiencia e os servizos que se ofrecen na ruta xacobea e seguir diversificando e desconcentrando a chegada do peregrinos impulsando todos os itinerarios.

Neste sentido, en 2025 comezarase co plan de fomento da mobilidade segura no que creamos sendas para separar con claridade vehículos de peregrinos nos tramos nos que coincida o Camiño cunha estrada moi concorrida. Tamén se ampliará a capacidade de acollida nalgúns itinerarios xacobeos como o novo albergue de Dozón na Vía da Prata e xurdirán proxectos arredor da accesibilidade e benestar e saúde mental na ruta xacobea. Ademais, continuarase a avanzar na planificación do Xacobeo 2027 “e seguiremos insistindo ao Goberno de España para que nos permita seguir avanzando cara o Xacobeo 27 e aprobe os orzamentos nos que inclúe o programa de exencións fiscais que estaría vixente do 1 de xaneiro de 2025 ao 31 de decembro de 2027”, indicou.


Artículo en colaboración con:
Turismo de Galicia

Salir de la versión móvil