O albergue do Porriño volve a batir marca de peregrinos

Publicidad

Un total de 5.643 peregrinos do Camiño de Santiago durmiron no albergue do Porriño o pasado ano, 429 máis que en 2016, o que supuxo un incremento do 8,22%. Por terceiro ano consecutivo aumenta o número de persoas que dormen no concello no seu paso cara a localidade santiaguesa. Os meses de máis actividade no albergue foron os de agosto -con 1.065 persoas-, setembro -com 951-, xullo -con 833-, e abril -con 664-, mentres que tamén houbo unha actividade salintábel en xuño, con 658 estadías e maio, con 656.

Xa no ano 2015 houbo 1.435 persoas máis que usaran o albergue que no ano anterior, un 42% máis que en 2014, cando atoparan acomodo no albergue 3.393 camiñantes, e en 2016 un total de 5.214 peregrinos que durmiron no albergue do Porriño 386 máis que o ano anterior.

Isto sinala que en tres anos o uso do mesmo aumentou en 2.250 persoas, un 66,31% máis en tres anos, unha das porcentaxes máis altas dos albergues do Camiño Portugués neste mesmo tempo.

Hai que lembrar que O Porriño ocupa unha lugar 'clave' no Camiño Portugués xa que é o final da primeira etapa do itinerario que vai de Tui a Compostela. Por iso, a vila conta, segundo subliña o propio Goberno de Galicia, cun dos albergues máis modernos do país, no Parque do Rubio, con 52 prazas en total e, subliña a alcaldesa, Eva García de la Torre, "unha acaida oferta de servizos para peregrinos, coma conexión a Internet, zonas verdes e calefacción, lavandería, comedor ou dereito a cociña".

Dacordo cos datos recollidos este pasado ano, a maioría das persoas que chegan ao albergue son españois, fundamentalmente madrileños, andaluces, vascos e cataláns; en segundo lugar, os máis numerosos son os portugueses, seguidos dos alemáns, franceses, británicos e italianos, aínda que chegan nacionais de Xapón, Australia, Estados Unidos, Corea, China, Rusia ou Canadá.

Salir de la versión móvil