Unha vila amiga para as os animais. Esté é o obxectivo que busca acadar o candidato popular á alcaldía do Porriño, Alejandro Lorenzo, que reiterou o seu compromiso de construír e poñer en marcha un Refuxio de Protección Animal que faga que “O Porriño se distinga por ser unha cidade amiga dos animais e implicada co seu benestar”.
Así o fixo nos encontros que está a ofrecer nas diferentes parroquias do termo municipal destacando que “cando digo que quero un Porriño que coide de todas e todos tamén me refiro a eles”. Lorenzo reiterou que “é urxente que dispoñamos dun servizo de recollida e protección animal cunhas instalacións dignas, que se xestionen con responsabilidade, eficiencia e sensiblidade animalista", destaca o candidato nos seus discursos.
Ademáis, Lorenzo insiste en que "isto ten que ir máis alá de promesas ou palabras que quedan en nada, hai que actuar e nós actuamos. Este ano puxemos en marcha o proxecto, da man de asociacións de protección animal que nos guiarán para que o refuxio sexa sustentable e cumpra co seu labor, e comprométome públicamente a levalo a cabo nos próximos catro anos”.
Neste sentido o actual rexedor indicou que “conseguiremos a financiación necesaria, petando a todas as portas que faga falta e con aportación municipal, pero o refuxio de protección animal será unha realidade esta próxima lexislatura. Tedes a miña palabra”.
O proxecto dos populares, que se ubicará nunha parcela do polígono industrial de A Granxa "que reúne os requisitos necesarios, vai moito máis alá da recollida de animais con sacrificio cero", indica Lorenzo. Segundo apunta o candidato, esta estará velará polo coidado do animal, atención veterinaria e fomentará a adopción responsable, así como pola promoción de campañas de sensibilización contra o abandono e o maltrato animal.
“Plantexamos un plan de acción global que atenda aos animais abandoados e sensibilice sobre a importancia de protexelos, coidalos e devolverlle todo o que eles nos dan”, concluíu o rexedor. “Este ano, ademais de poñer en marcha o proxecto do Refuxio de Protección Animal, comezamos coas campañas de atención, esterilización e control das colonias felinas, formalizando o convenio de colaboración con Proxecto Gato para coidar dos gatiños que están na rúa. O noso compromiso é firme”.