Ana Pontón prevé un "resultado histórico" do BNG na comarca do Val Miñor

{"requests":{"csi":"https://csi.gstatic.com/csi?"},"transport":{"xhrpost":false},"triggers":{"adRequestStart":{"on":"ad-request-start","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"afs_lvt.${viewerLastVisibleTime}~afs.${time}"}},"adResponseEnd":{"on":"ad-response-end","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"afe.${time}"}},"adRenderStart":{"on":"ad-render-start","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"ast.${scheduleTime}~ars_lvt.${viewerLastVisibleTime}~ars.${time}","qqid":"${qqid}"}},"adIframeLoaded":{"on":"ad-iframe-loaded","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"ail.${time}"}}},"extraUrlParams":{"s":"ampad","ctx":"2","c":"${correlator}","slotId":"${slotId}","puid":"${requestCount}~${timestamp}"}}

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, prevé que o Bloque teña un "resultado histórico" na comarca do Val Miñor, polo que será "decisivo" na vida municipal dos concellos da zona. Fíxoo o acto de presentación das candidaturas do Bloque á alcaldía dos concellos do Val Miñor: Iago Pereira en Baiona; Manuela Rodríguez en Gondomar e Xavier Rodríguez en Nigrán.

Pontón puxo como exemplo da capacidade do BNG á hora de liderar e aportar solucións “o traballo desenvolvido polo grupo municipal no concello de Baiona, en áreas clave como o medio ambiente, a participación veciñal, igualdade ou mocidade, que marcou nos últimos tempos a diferenza no goberno municipal”, polo que se mostrou convencida de que o Bloque terá un apoio reforzado nas próximas eleccións do 28 de maio con Iago Pereira como cabeza de candidatura.

A líder nacionalista tamén destacou “a capacidade de traballo, rigor e recoñecemento social” de Manuela Rodríguez,  poñendo en valor a súa “enerxía imparable cando hai que defender os intereses de Gondomar”, o que seguro será valorado pola veciñanza de cara a vindeira cita electoral. Igualmente, augurou que “en Nigrán o BNG terá máis forza que nunca con Xavier Rodríguez porque son maioría os veciños e as veciñas que queren que o Bloque xogue un papel decisivo neste concello”.

A portavoz nacional amosou a súa visión sobre Baiona, Gondomar e Nigrán, poñendo o foco na "necesidade inmediata" de ter gobernos con ideas e propostas en ámbitos nos que a sociedade afronta grandes retos de futuro na actualidade. Todo isto pasa por “preservar un territorio ameazado polo espolio eólico, a mellora dos servizos públicos, un turismo sustentable que non derive en consecuencias que prexudiquen aos propios veciños e veciñas como o incremento do prezo da vivenda”, indicou.

Pontón quixo deixar claro que a formación nacionalista “ten un proxecto de futuro para os concellos do Val Miñor, e por iso este 28 de maio imos  ter un resultado histórico que converterá ao BNG nunha forza política decisiva na vida municipal de Baiona, Gondomar e Nigrán, poñendo ás persoas no centro e dotando as vilas de maior dinamismo económico e social”.

{"requests":{"csi":"https://csi.gstatic.com/csi?"},"transport":{"xhrpost":false},"triggers":{"adRequestStart":{"on":"ad-request-start","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"afs_lvt.${viewerLastVisibleTime}~afs.${time}"}},"adResponseEnd":{"on":"ad-response-end","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"afe.${time}"}},"adRenderStart":{"on":"ad-render-start","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"ast.${scheduleTime}~ars_lvt.${viewerLastVisibleTime}~ars.${time}","qqid":"${qqid}"}},"adIframeLoaded":{"on":"ad-iframe-loaded","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"ail.${time}"}}},"extraUrlParams":{"s":"ampad","ctx":"2","c":"${correlator}","slotId":"${slotId}","puid":"${requestCount}~${timestamp}"}}
Salir de la versión móvil