Aprazada a celebración da Gala das Mulleres da Illa de Redondela pola evolución da Covid-19

Concello de Redondela

Publicidad

O Concello de Redondela anunciou hoxe o aprazameto da Gala das Mulleres da Illa ata despois do Nadal e segundo marque a evolución da actual pandemia da Covid-19. A celebración da Gala tería lugar no Multiusos da Xunqueira o sábado 18 de decembro pero a actual situación sanitaria "aconsella o aprazamento desta Gala toda vez que se ía celebrar nun recinto pechado e habería que limitar moito a presenza de público, o que desvirtuaría esta homenaxe", explica a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

Un dos motivos é que na Gala, participarían familiares das Mulleres da Illa, moitos de avanzada idade e que coa evolución actual da pandemia "suporía un risco para a súa saúde", motivo polo que será aprazada ata despois do Nadal e sempre dependendo das circunstancias sanitarias do momento e do que diten as autoridades sanitarias.

Salir de la versión móvil