As Neves prosigue coa renovación do seu alumeado público

Publicidad

As Neves continúa co proceso de renovación do seu alumeado público. Financiado integramente cos fondos de compensación ambiental, por un valor de 14.541,65 €, vén de acometerse a obra no cadro do barrio da Moreira, na parroquia de Taboexa.

Os traballos consisten no cambio do cadro de mando e de 29 puntos de luz. As características das novas luminarias de corpo de aluminio son unha potencia de 31,1 Watios e 3000 Kelvin de temperatura ou color. Características idóneas para zonas rurais e que cumpren coas actuais esixencias normativas sobre a eficiencias enerxética e a contaminación luminosa.

Nos vindeiros meses continuará a renovación total do alumeado público das Neves coas mesmas características financiada nun 80% polo IDAE (Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético).

Con estes proxectos conséguese a actualización de tódalas luminarias do territorio realizando unha mellora da eficiencia enerxética, co que se acadará un aforro de custes na facturación por consumo de electricidade de ata o 70%, que poderá destinarse a outras necesidades da veciñanza. Ademais, tamén se reduce a contaminación lumínica.

Salir de la versión móvil