Cambios nas edificacións, a chegada masiva dos vehículos, autocares urbanos, humanizacións, recuperación e ornamentación das cidades... en 60 anos Galicia mudou tanto que se amosa case irrecoñecible. Aínda que despois do afundimento poboacional dos últimos anos situámonos case na mesmas cifras de poboación que nos anos 50, segundo o INE apenas gañamos 17.000 habitantes, a vista de paxaro as mudanzas son máis que evidentes.
A Xunta de Galicia ten a disposición dos cidadáns a súa plataforma de cartografado da nosa terra con comparativas de diferentes anos. Así, podemos comprobar o crecemento de Navia en Vigo, dende os datos de voo americano de 1956 con respecto ao PNOA de 2014. A ferramenta tamén nos permite decatarnos da explosión urbana de Salceda ou Tomiño ou das mudanzas nos viarios de comunicación na península do Morrazo.
Así mudaron algúns dos barrios e concellos da Área Metropolitana de Vigo:
VIGO: Navia: a explosión demográfica dos últimos anos coa construcción do polígono de Navia supuxo un cambio radical na escena urbana da parroquia viguesa.
VIGO: A fábrica de Citroën, hoxe PSA, supuxo o gran avance na industria viguesa facendo da cidade olívica a urbe obreira de referencia dos anos 60 e 70 que todos coñecemos. Porén, no 56 aínda non comezara a construcción do amplo complexo automobilístico vigués, que foi inaugurado no 58.
VIGO: Calvario e A Doblada
VIGO: Teis: así foi como o mar perdeu terreo fronte ao porto.
Tomiño:de vila rural a centro urbano con personalidade
Salceda
Rande: cando a Ría de Vigo soamente se podía cruzar en barco.
Moaña
Baiona