Carlos Gómez "denuncia" que a Xunta "botou abaixo" o proxecto polo que Baiona recibiría 2,1 millóns

Publicidad

Baiona non recibirá finalmente os 2,1 millóns de euros de fondos europeos para o noso casco histórico”. Isto é o que "lamenta" o actual alcalde en funcións do Concello de Baiona, o socialista Carlos Gómez Prado.

O Concello de Baiona tiña o visto bo para este "Plan de Sostenibilidad Turística en Destinos" do Ministerio de Industria, que lle concedeu 76 puntos, e a Fegamp (72 puntos). “A Xunta decidiu concedernos 63 puntos, por debaixo dos 70 puntos mínimos para a aprobación do proxecto”, critica Gómez Prado.

“Esta decisión demostra que á Xunta do PP non lle importa Baiona e funciona só por intereses partidistas, botando abaixo un proxecto polo único motivo de que non o impulsou un goberno local do PP e perxudicando a un concello galego", engade.

Gómez Prado considera que “debe ser o señor Almuiña o que explique por que a Xunta tomou esta decisión, en contra dos intereses de todos os veciños e veciñas de Baiona”.

‘Preservar o pasado, protexer o futuro: Baiona, patrimonio sostible’ era o nome do proxecto, co que o concello optaba a 2,1 millóns de euros “para revitalizar o casco histórico, poñer en valor o seu patrimonio, dixitalizalo e mellorar os seus servizos".

O concello optaba a esta convocatoria, aberta polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo con fondos europeos, “para darlle continuidade ao proxecto co que fumos o primeiro municipio do Val Miñor en obter fondos Next Generation, destinado a humanizar a contorna de Santa Liberata, entre outras accións”, remata Gómez Prado.

Salir de la versión móvil