Centenares de persoas saen a rúa en Tomiño para exixir unha Atención Primaria "de calidade"

Publicidad

Centenares de persoas saíron saíron este xoves á rúa en Tomiño para denunciar a "grave situación da atención primaria" no concello e en toda a comarca. A alcaldesa, Sandra González, reclamou “solucións urxentes para unha situación crítica que pon en risco a saúde de todos e de todas”. A atención primaria en Tomiño e no Baixo Miño padece unha carencia de persoal sanitario que case limita a atención ás urxencias, relegando as consultas ordinarias, con esperas moi prolongadas, e provocando o exceso da atención telefónica que tamén xera que a centralita dos centros de saúde chegue a saturarse.

A manifestación de Tomiño foi a segunda dunha rolda de concentracións que organiza a Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño para denunciar o deterioro que está a sufrir a atención primaria nos centros de saúde da comarca. A primeira foi no Rosal e as seguintes son o 9 de febreiro en Tui (ás 19.00 horas na Praza da Inmaculada) e o 23 de febreiro na Guarda (ás 19 h na Praza Avelino Vicente). Con estas concentracións búscase poñer de relevo “unha situación transversal que afecta a toda a veciñanza, que compromete e pon en risco a nosa saúde actual e futura, e que con unidade temos máis forza para reivindicar”.

A médica do Centro de Saúde de Tui, Laura Silva, natural de Tomiño, resumiu a situación con cifras. “Non hai mais que ver o caso do noso concello. Por ratio de poboación nos corresponderían 10 equipos de atención primaria, é dicir, 10 médicas e 10 enfermeiras. Na actualidade temos unha dotación de 8 médicos e 7 enfermeiras e a día de hoxe só 5 médicas prestan consulta. En resumo: 5 facendo o traballo de 10. Pero esta situación está igual ou peor en todos os concellos da comarca e a resposta do Sergas ante esta precaria situación limitouse a mobilizar o escaso persoal de Tomiño ao centro de saúde do Rosal”.

Salir de la versión móvil