Chegan os bonos “Activa Tui” que repartirán 50.000 euros entre os clientes do comercio local

Publicidad

O Concello de Tui activará dende o vindeiro 1 de febreiro a plataforma que permitirá solicitar os novos bonos "Activa Tui" pensados para impulsar o consumo de proximidade. Esta iniciativa, que se engloba dentro do Plan de Reactivación económica do Goberno municipal, busca paliar os efectos económicos negativos da pandemia da covid nas microempresas e autónomos e, á vez, permitirá aos clientes aforrar nas súas compras.

Aqueles que desexen beneficiarse, deberán ter máis de 15 anos e solicitar o bono a través dun formulario electrónico habilitado na páxina web Tui.gal dispoñible dende o vindeiro 1 de febreiro. Cada usuario poderá desfrutar dun máximo de dous bonos, de dez euros cada un, que se poderán empregar como desconto en compras superiores a 25 euros. Poderanse canxear até o 30 de marzo.

Para alcanzar o máximo número de establecementos, en cada establecemento adherido a esta campaña poderase recibir un máximo de 100 bonos. No momento en que o comercio reciba 100 bonos, retiraranse os materiais de información da campaña e non se poderán recibir máis bonos da cidadanía.

O Concello destinará a esta iniciativa 50.000 euros e este mércores abrirá o prazo para que os comerciantes soliciten a súa adhesión á campaña. Para sumarse, deberán cubrir un formulario na páxina web municipal.

Salir de la versión móvil